Manuel González

----

Manuel González


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Manuel González


Licenciado en Psicoloxía (Universidad Complutense de Madrid, 1977). Traballou en áreas de realización e produción en curtametraxes e varios programas da TVG nos anos oitenta. En 1984 foi responsable da Área de Cine e Vídeo da Dirección Xeral de Cultura, organizando as primeiras axudas públicas ao cinema e vídeo galegos. Coordinou o programa A imaxe na escola (curso 1984-85) e foi responsable da Videoteca de Galicia (1984-85), xermolo do que será posteriormente o CGAI. Creador e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña (1990-1998), onde ademais foi profesor de Produción Audiovisual.


Organizador da sección de vídeo e as actividades paralelas de XOCIVIGA (1984-1989). Catalogou e fotografou o patrimonio cinematográfico galego na exposición itinerante Cinematógrafos galegos (1986-1987). En 1988 entrou a traballar na produtora Vídeovoz TV, desenvolvendo funcións de arquivo, produción, guión e realización en diversos programas e series para TVG como Encontros, Galicia no cine, A mellor TV do mundo ou Extramuros, entre outros.


Participou activamente na investigación e catalogación da memoria audiovisual da emigración galega con diversas publicacións e traballos de campo en Arxentina, Uruguai, México, Cuba e Venezuela. A súa tese de doutoramento en historia versaba sobre “A emigración no cinema español”. Entre outros, publicou o libro Documentos para a Historia do cine en Galicia (1970-1990), así como diversas colaboracións en varios libros colectivos (Historia do cine en Galicia, Dicionario do cine en Galicia etc.) e numerosos folletos e artigos sobre audiovisual galego, nomeadamente sobre patrimonio audiovisual, cinema-emigración e formación audiovisual. Profesor asociado na Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo (2004-2007). Nos anos 2004-2005 foi o director de desenvolvemento da produtora de animación Dygra Filmes.


Creador e director da Axencia Audiovisual Galega da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia (2005-2009), coordina as convocatorias de axudas á produción da Xunta de Galicia, deseño e contidos da web da Axencia Audiovisual Galega (Premio á mellor páxina institucional en galego no ano 2008) e impulsa varios proxectos para o audiovisual galego como Cinemas Dixitais, Flocos.TV (Premio Mestre Mateo 2009) ou Memoria do século XX.


Profesor no Máster de Produción e Xestión Audiovisual da Universidade de Coruña e La Voz de Galicia (1998-2019). Foi premio AISGE no 2006 "pola súa traxectoria"; premio Leixaprén 2011 da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística e Premio de honra da XOCIVIGA (Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia) no Carballiño no 2013. Tamén foi galardoado nos premios Mestre Mateo 2014 co premio Fernando Rey “pola súa contribución ao desenvolvemento da industria audiovisual galega” e no marco do Festival Primavera de Cine en Vigo no 2019. Participou en numerosos eventos, festivais e mostras audiovisuais, así como en charlas e coloquios en foros nacionais e internacionais. Actualmente traballa como profesor de Historia e Cultura Audiovisual no IES Concepción Arenal de Ferrol. Tamén colabora como asesor e creador de contidos en “Fálame de San Sadurniño” e é coordinador do encontro de cineastas “Chanfainalab”. Dende o 2019 é membro da comisión de axudas no ICAA do Ministerio de Cultura.

Artigos

(6/1977) "O día" nas emisoras. Teima. (25), 31.
Ver nota breve
Mencións: Rosario Álvarez ; Xosé Ramón Barreiro Fernández ; Rosalía de Castro ; Xavier Costa Clavell ; Marino Dónega ; Francisco Fernández Rei ; Manuel María ; Xosé Fortes Bouzán ; Antonio Fraguas ; Federico García Lorca ; Fernando Madriñán ; Camilo Nogueira ; Antonio Noriega Varela ; Castelao ; Andrés Torres Queiruga ; Antón Villar Ponte ; Luís Álvarez Pousa ; Antón Tovar ; Manuel González ; Pedro Gómez Antón ; Jose Isorna ; Julio Francisco Ogando Vázquez ; Xavier Otero ; Luis Rivero De Aguilar ; Ánxel Vence Lois ; Domingo Fernández del Riego ; Marta García ; Adela García ; Pilar Fariña García ; César García ;
GONZáLEZ, M. (6/1977) [Dúas fotografías da Ferrería de Incio]. Teima. (26), 37.
Ver gráfico
Mencións: