Histórico: Participación de Miguel Lorente Acosta nas actividades do CCG

----

Miguel Lorente Acosta

1962 Serón (Almería)

Biografía de Miguel Lorente Acosta

1962- Serón (Almería)

Licenciado e doutor en Medicina e Cirurxía. Médico forense por oposición desde 1988. Académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Granada desde 1996. Especialista en Medicina Legal e Forense. 


Desde maio de 2012 é profesor titular de Medicina Legal na Universidad de Granada. Na actualidade é director do Secretariado de Igualdade e Conciliación da Universidad de Granada e director da Unidade de Igualdade desta universidade.


Foi director do Instituto de Medicina Legal de Granada (xullo 2003-maio 2005); coordinador xeral dos institutos de Medicina Legal de Andalucía (maio 2005-decembro 2006); director xeral de Asistencia Xurídica a Vítimas de Violencia, Consellería de Xustiza da Junta de Andalucía (decembro 2006-abril 2008); delegado do Goberno para a Violencia de Xénero (abril 2008-decembro 2011); director do Instituto de Medicina Legal de Granada (xaneiro-maio 2012).


Entre as súas publicacións sobresaen máis de 80 nacionais e internacionais relacionadas, fundamentalmente, cos seguintes temas: análise do ADN en identificación humana dentro do terreo da investigación criminal e na investigación biolóxica da paternidade e maternidade; medicina laboral; bioética, especialmente en relación coa investigación científica e os estudos xenéticos; violencia contra a muller; violencia na sociedade.


Entre elas podemos citar: El ADN en la investigación criminal y en la paternidad biológica, Editorial Comares, 1995; Agresión a la mujer: Maltrato, violación y acoso, Editorial Comares, 1ª edición 1998, 2ª edición 1999; Mi marido me pega lo normal, Editorial Crítica, 2001; Mi marido me pega lo normal, Editorial Crítica (edición de peto), 2003; El Rompecabezas. Anatomía del maltratador, Editorial Crítica, 2004; Human Identification, Eaton Publisher (EE.UU.); 42 Días. Análisis forense de la crucifixión y resurrección de Jesucristo, Editorial Aguilar, 2007; Mi marido me pega lo normal (edición actualizada e ampliada), Editorial Planeta, 2009; Los Nuevos hombres nuevos, Editorial Destino, 2009; La Mano del Predicador. Conclusiones forenses sobre la muerte de Jesús, Editorial Aguilar, 2010; Tú haz la comida, que yo cuelgo los cuadros, Editorial Crítica, 2014; “El Álbum de Fotos”, capítulo do libro ELLAS, Editorial Crítica, 2001; e varios capítulos e colaboracións en diversos libros sobre ADN en investigación forense e agresión á muller.

Miguel Lorente Acosta [Relator/a] en

A violencia sexual

III Xornada formas de violencia de xénero