Rosa Arcos Caamaño

----

Rosa Arcos Caamaño


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Rosa Arcos Caamaño


Defínome como unha militante do activismo social e do asociacionismo. O inicio de todo isto aconteceu cando, o comezo dos meus estudos de bacharelato no instituto Arcebispo Xelmírez I en Santiago de Compostela (curso 1985/1986), coincidiu co inicio das mobilizacións en contra da Reforma das Ensinanzas Medias (REM), mobilizacións en que participo de xeito activo, presidindo o comité de folga do meu centro e formando parte da Asemblea Aberta de Estudantes, que coordinará o movemento estudantil a nivel galego.


No curso seguinte, fun elixida a primeira muller representante do estudantado no Concello Escolar do meu centro e fun membro do Consello Escolar de Galicia. 


Participei de xeito activo na creación e consolidación do Sindicato de Estudantes en Galicia e fun representante galega nesta organización a nivel do Estado.


Obtiven o título de Ensinanza Secundaria Obrigatoria e posteriormente cursei estudos de Formación Profesional como técnica auxiliar en Sistemas Informáticos.


Vinculada ao traballo agrario a través de miña nai, agricultora e gandeira, dende o ano 1986 colaboro coa organización profesional Unións Agrarias de Galicia, axudando nos labores de información aos afiliados e afiliadas e promovendo a visibilización das mulleres no sector primario.


No ano 1988, con motivo do II Congreso Nacional de Unións Agrarias – UPA, incorpórome definitivamente á estrutura do sindicato agrario, onde comezo a traballar, entre outros asuntos, en temas de igualdade.


Colaboro activamente na constitución de asociacións de mulleres rurais por toda a xeografía galega e posteriormente na constitución de FADEMUR (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais), tanto a nivel de Galicia como do Estado.


Dende o ano 2006 desempeño o cargo de presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais en Galicia (FADEMUR – Galicia).