Histórico: Participación de Amada Traba nas actividades do CCG

----

Amada Traba

Biografía de Amada Traba

Amada Traba é profesora da Universidade de Vigo na materia de Socioloxía da Educación e docente en varias edicións de programas de posgrado en xénero. Dende hai vinte anos participa en numerosas actividades de divulgación, formación, investigación e asesoramento no campo da socioloxía do xénero. Colabora con diversas institucións no deseño e avaliación de programas e políticas de Igualdade.


Amada Traba colabora con Chis Oliveira desde o 2002 para a realización do II Plan de Igualdade do Concello de Vigo, e a partir de aí comeza unha amizade e un traballo de colaboración en diferentes mestrados e na elaboración dos libros: Estás por la solución? Proposta de recursos para a abordaxe da violencia de xénero no ámbito sanitario e Feminismo e sociedade laica. Recentemente publicaron Ám@me. Pensar o amor no século XXI (Galaxia) e Amarte (Libros de la Catarata).

Amada Traba [Relator/a] en

A VIOLENCIA SEXUAL

III XORNADA FORMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Mulleres, patrimonios, sociedade

Ciclo de Cinema Galego-Portugués, 2ª edición