Ana Sanmartín López

----

Ana Sanmartín López


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Ana Sanmartín López


Comezou a sua andaina na prensa escrita, en La Voz de Galicia, pero a maior parte da súa traxectoria profesional desenvolveuse no xornalismo audiovisual. Dende o ano 1995 é xornalista da Televisión de Galicia, onde ocupo diversos cargos e funcións, tanto en informativos como en programas. 


O seu primeiro contacto co feminismo tivo lugar no ano 2005, como guionista da serie documental Muller, de 13 capítulos, para a TVG. 


Desde ese momento asumiu o seu compromiso co xornalismo feminista, procurando a perspectiva de xénero no seu traballo. 


No ano 2007 participa como relatora no I Congreso Internacional sobre Violencia de Xénero celebrado en Santiago de Compostela e organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade. 


No ano 2016 foi responsable da investigación na serie documental El caso Asunta, para A3 Media.


No ano 2018 volveu formar parte do equipo de Bambú Producciones, nesta ocasión como Directora de Investigación da serie documental El caso Alcasser, para Netflix. É a primeira narración audiovisual que sitúa na súa xusta dimensión o asasinato das tres menores valencianas como un crime machista. 


Forma parte de Xornalistas Galegas dende e a súa fundación, un colectivo de mulleres profesionais do eido da comunicación cunha causa común: traballar por e dende un xornalismo feminista. 

Ana Sanmartín López nas actividades do CCG