Inmaculada Valeije Álvarez

----

Inmaculada Valeije Álvarez


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Inmaculada Valeije Álvarez


Profesora titular de Dereito Penal e profesora do programa «Jean Monnet» do Centro Europeo de Excelencia da Universidade de Vigo na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1987), doutora en Dereito pola Universidade da Coruña (1993) e Premio Extraordinario de Doutoramento pola mesma universidade (1994). Ten unha ampla experiencia docente noutras universidades. Entre 1992 e 2003 desempeñou o cargo de conciliadora-mediadora pola provincia de Pontevedra en materias de procedementos extraxudiciais en conflitos de traballo no Consello Galego de Relacións Laborais (Xunta de Galicia). Foi maxistrada suplente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1996-1998) e maxistrada suplente da Audiencia Provincial de Pontevedra (2002-2004). Entre 2010 e 2014 foi secretaria xeral da Universidade de Vigo. Desde 2015 é secretaria do Consello de Administración da Editorial Galaxia e desde 2017 secretaria do Padroado da Fundación Penzol.

Inmaculada Valeije Álvarez nas actividades do CCG