Tamara Feijoo

----

Tamara Feijoo

1982 Ourense
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Tamara Feijoo

1982- Ourense

Artista plástica licenciada en Belas Artes pala Universidade de Vigo, onde tamén cursou os seus estudos de doutoramento.


A súa obra forma parte da colección de centros de arte como o CGAC (Santiago de Compostela), MAC Gas Natural Fenosa (A Coruña) e das deputacións de Ourense, Pontevedra e A Coruña.


En 2010 e 2013 mostrou os seus trabal los na galería Estampa (Madrid). Tamén en 2013, no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa realizou a mostra individual Naturezas invasoras, resultado da bolsa de creación artística no estranxeiro Gas Natural Fenosa 2011. En 2014 e 2016 realizou senllas exposicións na galería ourensá Marisa Marimón e en 2017 Epílogo de paisaxe e nubes na Fundación Luis Seoane (A Coruña).


Tamén participou en numerosas mostras colectivas, nacionais e internacionais, como INJUVE Artes Visuales 2011 (comisariada por Rocío de la Villa); ltinerancias Creación lnjuve 2011 (que se mostrou en Arxentina e Uruguai); Os anos circulares. Últimas tendencias da figuración en Galicia, 1994-2013 (comisariada por Ángel Calvo, José Luis Estévez, Violeta Janeiro e Mónica Maneiro e que se puido ver en A Coruña, Ferrol e Ourense); O bosquexo do mundo (MARCO en Vigo, Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela e Fundación Luis Seoane na Coruña). En 2018 participou na mostra En construción no Centro Galega de Arte Contemporánea (CGAC), comisaria da por Santiago Olmo.


Estivo presente nas feiras de arte ArteSantander 2010, ArtMadrid 2011, CASA//ARTE 2013 e nas edicións Justmad3, Justmad6, Justmad7, Justmad9 e JustmadX.


Obtivo bolsas e premios como a bolsa de creación artística no estranxeiro Gas Natural Fenosa, o Premio Julián Trincado na 12 Mostra Internacional de Arte Gas Natural Fenosa ou un accésit no Sexto Premio Auditorio de Galicia Novas Artistas 2009.


Na actualidade compaxina o seu traballo como artista plástica coa súa actividade como deseñadora de estampados e accesorios no sector téxtil.