Biografía de Benito García Carril
Dircom de empresas ambientais e consultor asociado de Comunicación Estratéxica en dircom.eu.
Preside a Asociación de Profesionais Ambientais Galicia Ambiental (www.galiciaambiental.org), impulsora de proxectos sobre economía circular e prevención de incendios.
Os seus inicios profesionais están ligados á radio, medio ao que segue unido con colaboracións relacionadas con espazos de temática ambiental e rural. Traballou en todos os medios: TV (Televisión de Galicia, Correo TV...), prensa (Atlántico Diario, El Correo Gallego...), radio (COPE, Radio Noroeste, Radio España...), gabinetes de prensa (IGVS - Xunta de Galicia e como dircom de empresas ambientais).
Participante de forma asidua como conferenciante e formador en ámbitos relacionados coa comunicación e información medioambiental e de crises. Foi docente de varios cursos do Plan FIP da Xunta de Galicia e conta co recoñecemento de docente da Escola Galega de Administración Pública en cursos de temática ambiental e xestión de residuos.
En 2018 é seleccionado pola Advanced Leadership Fundation para integrar o panel de 300 "líderes" en economía circular e innovación tecnolóxica - Cume ALF (Madrid, xuño de 2018). Desenvolve un programa de divulgación en máis de 50 centros de ESO e institutos ata a data e foi designado un dos “líder do mes” (maio).
Membro da Federación de Asociaciones de la Prensa de España - FAPE (AA. PP. A Coruña).