Encarna Lago

----

Encarna Lago


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Encarna Lago


Funcionaria da Deputación Provincial de Lugo e xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL).
Desde 1999 asume a dirección de programas e a xestión dos museos da Deputación Provincial de Lugo; primeiro, no ano 1999, do Museo Provincial de Lugo e do Museo Fortaleza de San Paio de Narla; en 2004, do Museo Provincial do Mar e, en 2006, do Museo Pazo de Tor, data desde a que asume a xerencia dos catro museos a través da Rede Museística Provincial de Lugo.
Forma parte da Comisión Técnica de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega e é docente no Máster de Xestión de Servizos Culturais da Universidade de Santiago de Compostela e no TAEC na Universidad de Málaga.
O modelo de xestión que defende acadou diferentes recoñecementos: Premio da Crítica de Galicia en 2004, Premio Mellor Experiencia Didáctica en 2009 da Fundación Rosalía, Premio ONCE Solidariedade en 2011, Premio Galicia Inclusión Anade en 2017, Premio Conversacións Ibermuseos en 2017 e Premio COGAMI á Mellor Iniciativa Institucional en 2020. O Plan Inclusivo da RMPL forma parte do Banco Galego de Boas Prácticas.
En 2020 promoveu durante a XX Conferencia Internacional do Movemento Internacional para unha Nova Museoloxía (MINOM) a formación do equipo xestor do nacemento de MINOM España. Con máis de 22 anos de experiencia de traballo dentro das liñas do MINOM en defensa do museo social, sostible, igualitario e inclusivo, promove os museos sempre en construción, concibidos como territorio-patrimonio-comunidade, espazos socioafectivos, lugares de vida e convivencia para/con todas as persoas. Ademais, considera os museos como axentes de transformación social a través da educación.