Biografía de Ramón Máiz Suárez
1953- Santa Cruz de TenerifeCatedrático de Ciencia Política e da Administración na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela, onde coordina o Equipo de Investigacións Políticas. Os seus campos de investigación son a teoría política contemporánea, a historia do pensamento político así como os nacionalismos e federalismos comparados.
Publicou numerosos ensaios en galego, castelán e inglés, entre os que se atopan Democracy, Nationalism and Multiculturalism; Ethnicisme et Politique; Harmatan, Nación y Revolución: la teoría política de E. Sieyès; Nación y Literatura en América Latina ou Os sentidos das culturas, que compila os relatorios do ciclo homónimo do Consello da Cultura Galega que el coordina.
É membro do consello editorial das revistas Nationalism and Ethnic Studies, Pôle Sud e Configurações e tamén da directiva do Comittee on Ethnicity and Politics da International Political Science Association. Coa obra A arte do imposible gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2010).
É coordinador da Sección de Pensamento e Sociedade.
Publicacións nas que participou Ramón Máiz Suárez
LIBRO. ACTAS
As Irmandades da Fala no seu tempo
: perspectivas cruzadas
LIBRO
Cultura, sentido e política
O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) II
LIBRO. ACTAS
Rosendo Salvado e o mundo aborixe de Australia
=Rosendo Salvado and the Australian Aboriginal World
LIBRO. FACSíMILE
A constitución de 1812 en lingua galega
Estudos, textos e bibliografía
LIBRO. FACSíMILE
Constitución política da monarquía española, promulgada en Cádiz o 19 de marzo de 1812.
Discurso preliminar lido nas Cortes ao presentar a Comisión de Constitución o proxecto dela
LIBRO. ACTAS
Etnicidade e nacionalismo
Actas do Simposio Internacional de Antropoloxía: Santiago de Compostela, 17-19 de abril de 2000Materiais de Ramón Máiz Suárez
Documento. Artigo
Artigo de Ramón Máiz sobre a raza e o mito céltico en Manuel Murguía
Máiz Suárez, Ramón: «Raza y mito céltico en los orígenes del nacionalismo gallego: Manuel Murguía», REIS: Revista Española de Investigaciones Sociológicas, 25 (1984), 137-180.Ramón Máiz Suárez nas actividades do CCG
Artigos
BARREIRO FERNáNDEZ, X. (7/1977) O galeguismo histórico (1840-1936). Teima. (32), 37-39.
Ver reportaxe