Mariám Mariño Costales

----

Mariám Mariño Costales

1965 Vigo
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Mariám Mariño Costales

1965- Vigo

É licenciada en Filosofía con grao pola Universidade de Santiago de Compostela (1993), entidade na que obtén a Suficiencia Investigadora en temas de Antropoloxía Aplicada (1994-1996) e o mestrado en Educación, Xénero e Igualdade (2005-2007). Como investigadora no ámbito da antropoloxía feminista, os seus temas de traballo son: exclusión e discriminación social, sexualidade, espazo, sexo/xénero, feminismos, redes sociais e construción de identidades. Ten publicados artigos sobre a relación mulleres e museos, a presenza de mulleres nos rueiros urbanos, organizacións de lesbianas e tamén sobre o movemento feminista organizado en Galicia.  Desde febreiro de 2005 até a actualidade desenvolve traballos de asesoramento, asistencia técnica, investigación e documentación para as liñas de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Entre as tarefas realizadas neste contexto salientan a coordinación técnica do Álbum de mulleres, a realización de tarefas de coordinación e edición de A Saia. Publicacións periódicas feministas, de coordinación das xornadas Xénero e Documentación I, II e III, ou a coautoría do informe Recuperación da documentación e memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia.


 

Publicacións nas que participou Mariám Mariño Costales

Portada de  Informe sobre os arquivos públicos en Galicia.
LIBRO

Informe sobre os arquivos públicos en Galicia.

Unha perspectiva de xénero e feminista
Portada de  Xénero e documentación
LIBRO. ACTAS

Xénero e documentación

Unha ferramenta de achega ao tratamento documental

Artigos

MARIñO COSTALES, M. (6/2008) Antropología feminista de Lourdes Méndez. Andaina. 2ª época 2ª xeira (49), 58-61.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
Mencións: