Alfons Martinell

----

Alfons Martinell


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Alfons Martinell


Profesor emérito e director honorífico da Cátedra Unesco: "Políticas Culturales y Cooperación" da Universitat de Girona. Foi director xeral de Relacións Culturais e Científicas da Agencia Española de Cooperación Internacional, Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación de España (2004–2008). Presidente e fundador do Observatorio Interarts (1995–2004). Fundador e membro do Laboratorio de Investigación e Innovación en Cultura y Desarrollo con sede en Colombia e España. Experto no campo da formación de xestores culturais, cooperación cultural e desenvolvemento, políticas culturais.
Ten publicados diferentes libros, artigos e traballos no campo da xestión cultural, políticas culturais, cultura e desenvolvemento, cooperación cultural internacional. Impartiu docencia en diferentes universidades de España, Europa e América Latina e dirixiu proxectos de cooperación cultural en institucións internacionais.