Biografía de Vicente Risco
1884- Ourense | 1963 OurenseUnha das figuras máis destacadas da Xeración Nós, considerado un dos teóricos do nacionalismo galegoEstudou Dereito por libre na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1906. Acadou a praza de funcionario na delegación de Facenda de Ourense, e no faladoiro de Marcelo Macías coincidiu con outros intelectuais como Xulio Alonso Cuevillas (tío de Florentino López Cuevillas) ou Arturo Vázquez Núñez. Levábase tamén desde a infancia con Ramón Otero Pedrayo pois naceran no mesmo edificio con tres anos e medio de diferenza. Seguidor das vangardas literarias e filosóficas, a través dos decadentistas ingleses e franceses chegou ao ocultismo e o orientalismo, e estudou tamén o budismo e o teosofismo. En 1910 comezou a escribir no xornal local El Miño, onde empregaba pseudónimos como Rujú Sahib ou Polichinela. En 1913 comezou os estudos de Maxisterio en Madrid, onde foi alumno de José Ortega y Gasset e tratou a Ramón Gómez de la Senra e Luis Hoyos Sáinz. En 1916 regresou a Ourense xa como catedrático de Historia da Escola Normal, e por entón regresara ao catolicismo.
En 1917 fundou co avogado Arturo Noguerol e con López Cuevillas a revista literaria mensual La Centuria, subtitulada Revista neosófica, publicada en castelán (agás un poema de Noriega Varela) e que durou sete números. Nese mesmo ano ingresou nas Irmandades da Fala, da man de Antón Losada Diéguez, e comezou a publicar no voceiro A Nosa Terra e mesmo a participar en mitins, así como na Primeira Asemblea Nacionalista. Nese ano publicou o artigo “Teoría do nacionalismo galego”, que desenvolverá no libro do mesmo título editado en 1920.
En xuño de 1920 asistiu a unha xuntanza en Pontevedra con Castelao, Ramón Cabanillas e Antón Losada Diéguez co obxecto de crear unha revista monolingüe sobre a cultura galega. Castelao propuxo que se chamase Nós, sendo Risco o director literario e Castelao o director artístico. Acordouse que se editase na imprenta ourensá de La Región, e Arturo Noguerol encargouse de constituír unha sociedade mercantil para facer viable o financiamento. No outono de 1921 o Grupo Nós constituíuse como sociedade.
Tras a Cuarta Asemblea Nacionalista, de 1922, Risco abandonou as Irmandades da Fala e creou a Irmandade Nazonalista Galega. Nun primeiro momento colaborou coa ditadura de Primo de Rivera, iniciada en setembro de 1923, pensando que sería unha oportunidade para desmontar o sistema caciquil, e aceptou un posto de deputado provincial por Ourense co obxecto de crear unha mancomunidade, como en Cataluña. En xaneiro de 1923 a Irmandade Nazonalista retomou a edición da publicación brigantina Rexurdimento, e despois tivo como voceiro oficioso o xornal Galicia, de Valentín Paz Andrade. A Irmandade Nazonalista cesou a súa actividade cara a 1926, e en 1929 Risco regresou ás Irmandades da Fala e a escribir n’A Nosa Terra.
Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, do que dirixiu a sección de etnografía e folclore, dúas disciplinas ás que lles prestou atención ao longo de toda a súa vida.
Un dos obxectivos de Nós era dar pulo á literatura galega. Risco cultivou a narrativa desde o relato Do caso que ll’aconteceu ó doutor Alveiros (1919), pezas curtas publicadas en Céltiga e Lar como A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, a novela O porco de pé (1928), ou relatos que viron a luz na revista Nós, como “Dedalus en Compostela”. Tamén publicou unha peza de teatro, O bufón d'El-Rei. Drama en catro pasos (1928).
O 23 de febreiro de 1929 ingresou na Real Academia Galega, a proposta de Manuel Martínez Murguía, Eladio Rodríguez González e Manuel Lugrís Freire, co discurso Un caso de licantropía, que foi respondido por Ramón Cabanillas.
En 1930 realizou un curso de etnografía na Universidade de Berlín. Nos catro meses alí vividos, narrados nas crónicas enviadas a Nós e posteriormente recollidas en Mittleuropa (1934), deveu cara a unha ideoloxía máis conservadora e católica.
En 1931 foi un dos fundadores do Partido Nazonalista Republicán de Ourense, polo que saíu elixido Ramón Otero Pedrayo como deputado nas eleccións a Cortes Constituíntes celebradas o 28 de xuño. En outubro dese mesmo ano participou no manifesto de afirmación católica asinado por un grupo de galeguistas protestando polo que entendían como unha persecución do réxime republicano contra a igrexa.
En outubro de 1935 foi elixido membro do executivo na III asemblea do Partido Galeguista, se ben daquela xa había fortes desavinzas. Tras a adhesión do Partido Galeguista á Fronte Popular en 1936 Risco integrouse en Dereita Galeguista, que se constituíra en maio de 1935. Con todo, participou de forma activa na campaña polo Estatuto de Autonomía de Galicia.
Tras o alzamento nacional, en 1938 publicou diversos artigos en La Región en apoio ao bando sublevado. Entre 1940 e 1948 residiu a Pamplona e Madrid, e publicou diversos estudos etnográficos en lingua castelá. Regresou a Ourense, volveu publicar algún traballo en galego e traduciu á nosa lingua a novela La familia de Pascual Duarte de Camilo José Cela, se ben seguiu escribindo en castelán o resto da súa produción literaria, chegando a ser finalista do Premio Nadal en 1952 coa novela La puerta de paja. En 1961, animado por amigos como Otero Pedrayo e Fernández del Riego, publicou coa editorial Galaxia o volume Leria, unha escolma de traballos filosóficos, críticos e literarios redactados entre 1920 e 1955.
Finou en Ourense en 1963, e foi soterrado no cemiterio de Vilanova, en Allariz.
- Referencias
- OBRA
- Obra en galego
- Narrativa
- Do caso que ll’aconteceu ó doutor Alveiros (1919)
- O lobo da xente (1925)
- A velliña vella (1925)
- A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925)
- A Coutada (1926)
- Os europeos en Abrantes. Epopeia en prosa (1927)
- O porco de pé (1928)
- Dedalus en Compostela (1929)
- O señor feudal (1930)
- Do caso que ll’aconteceu ó doutor Alveiros (1919)
- Teatro
- O bufón d'El-Rei. Drama en catro pasos (1928)
- O bufón d'El-Rei. Drama en catro pasos (1928)
- Ensaio
- Teoría do nazonalismo galego (1918)
- Nós, os inadaptados (1933)
- Mitteleuropa. Impresiós d'unha viaxe (1934)
- Leria (1961)
- Doutrina e ritual da Moi Nobre Orde Galega do Santo Grial (1997)
- Teoría do nazonalismo galego (1918)
- Etnografía
- Etnografía e folkore de Melide (1933)
- Etnografía e folkore de Melide (1933)
- Narrativa
- Obra en castelán
- Narrativa
- El enviado (1911)
- La puerta de paja (1953)
- El enviado (1911)
- Ensaio
- El problema político de Galicia (1930)
- Psicología del librepensador (1937)
- Satanás, biografía del diablo (1947)
- El problema político de Galicia (1930)
- Narrativa
- Obra en galego
- BIBLIOGRAFÍA
- Casares Mouriño, Carlos (1981): Vicente Risco. Vigo: Galaxia.
- Lugrís Pérez, Ramón (1963): Vicente Risco na cultura galega. Vigo: Galaxia.
- Risco, Antón (1978): Pensamento de Vicente Risco. Lugo: Alvarellos.
- VV.AA. (2013): Quen é Vicente Risco? Allariz: Fundación Vicente Risco.
- Casares Mouriño, Carlos (1981): Vicente Risco. Vigo: Galaxia.
- OBRA
Publicacións nas que participou Vicente Risco
LIBRO
Pr´o catálogo da léngoa galega
Homenaxe ó 70 aniversario do Seminario de Estudos GalegosPublicacións periódicas
Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Galicia [A Habana] (1902-1930) .
1903-1904: Revista Semanal Ilustrada
Revista Semanal Ilustrada de mayor circulación en la República
1905, n.º 1: Sen subtítulo
1905, n.º 2-1906, n.º 33: Revista Regional de más circulación en la República de Cuba
1906, n.º 34-1907: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba y Defensor de los intereses gallegos en América
1914: Revista Regional Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
16-08-1925: Revista Semanal Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
1926: Revista Gráfica Regional de La Habana. Publicación Semanal. Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
Publicación Semanal. Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
1930: Publicación Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
Boletín de Casa América-Galicia (1920-) .
Emigrado, El (1920-1940) .
Ata n.º 14: Periódico Independiente
A partir do n.º 15: Órgano de las sociedades de emigrados y agricultores
1931: Engádese "Periódico Galleguista"
1935: Propiedad de la Sociedad Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba
Terra Galega (1921-) .
Boletín mensual: Órgao da Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana e paladín do honor da Raza Céltiga
Terra (1923-1923) .
Boletín de Cultura Galega: Idearium da I.N.G. n'América do Sul
Céltiga (1924-1932) .
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por la "Editorial Céltiga"
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por los talleres gráficos Virs
Fouce, A (1930-1936) .
Periódico galego
Galicia [Bs As 1930] (1930-) .
Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas
Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas
Alma Gallega (1934-1967) .
1936-1940, e a partir de 1944: Órgano Oficial de Casa de Galicia de Montevideo
Xullo 1941: Revista de Casa de Galicia
Mundo Gallego [1952-53] (1952-1953) .
1ª Época: Revista de Galicia en Madrid
2ª-3ª Época: Órgano Oficial del Centro Gallego de Madrid
4ª Época: Revista del Centro Gallego de Madrid
Alborada (1952-1956) .
2ª época ata a actualidade: Órgano del Centro Gallego de Barcelona
Ruada (1960-) .
Revista anual de Lar Gallego
Ecuador 0º, 0', 0 (1965-1965) .
Revista de poesía universal
Artigos
(5/1930) Verdadeira realidade. Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía. 2ª (10), 21.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(5/1930) O marxe dunha noticia. Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía. 2ª (10), 22.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
RISCO, V. (12/1930) Un artículo de Vicente Risco. Galicia [Bs As 1930]. (185), 1.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(12/1930) Un libro, de Risco. Galicia [Bs As 1930]. (186), 8.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1934) Antoloxía nacional. Os inteleituas finiseculares. Galicia [Bs As 1930]. 2ª (349), 3.
DíAZ ESTéVEZ, D. (5/1944) Primera Hermandad Gallega. Acción Gallega. 2ª (8), 8.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ, F. (12/1949) Trayectoria histórica del Galleguismo. Betanzos. 1ª (44), 23-25.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (9/1950) Galicia cada treinta días (mayo). Ronsel. Galicia [Bs As 1926]. (450), 27, .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (3/1951) Galicia cada treinta días (febrero). Ronsel. Galicia [Bs As 1926]. (455), 6, .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (5/1952) Galicia cada treinta días (diciembre). Ronsel. Galicia [Bs As 1926]. (465), 8 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1958) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (499), 6 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1962) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (523), 11 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (2/1963) Noticiario Gallego. Galicia [Bs As 1926]. (529), 15 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (4/1963) Noticiario Gallego. Galicia cada sesenta días. Galicia [Bs As 1926]. (530), 13 .
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (5/1963) Vicente Risco en la cultura gallega. Lugo. (239), 1.
FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. (6/1970) O sentimento da terra. Galicia [Bs As 1926]. (573), 23 .
(12/1976) Escolma Teima. Teima. (3), 33.
Ver bibliografía
MARIñO, X. (1/1977) O remuiño. Teima. (5), 31.
Ver bibliografía
MAGARIñOS, A. (1/1977) Prensa galega (1931-1936) : "Resol" e "Ser". Teima. (6), 30-31.
Ver artigo
MARIñO, X. (2/1977) O remuíño. Teima. (8), 32.
Ver nota breve
(2/1977) As oríxes do teatro galego : As máscaras. Teima. (11), 32.
Ver artigo
MAGARIñOS, A. (3/1977) A prensa en Galicia (1930-1936). Teima. (14), 30-31.
Ver reportaxe
(3/1977) [Fotografía de Vicente Risco]. Teima. (14), 30.
Ver gráfico
(4/1977) In memoriam : O Leuter, un vello galeguista. Teima. (17), 4.
Ver nota breve
CONDE MURUAIS, P. (4/1977) A Semá Santa, por aquí. Teima. (17), 26.
Ver artigo
FREIXANES, V. PIñEIRO, R. VILLARES, R. (5/1977) 17 de maio : Día das Letras Galegas : Antón Villar Ponte. Teima. (22), 37-39.
Ver reportaxe
MAGARIñOS, A. (5/1977) 1931-1936 : A prensa nas vilas. Teima. (23), 30-31.
Ver artigo
ÁLVAREZ POUSA, L. (5/1977) Carlos Velo, nacionalista galego : Por Galicia nun venres santo. Teima. (24), 18-21.
Ver artigo
CONDE MURUAIS, P. (6/1977) A noite de San Xoán. Teima. (29), 26.
Ver artigo
MAGARIñOS, A. (6/1977) Comunicación : "Heraldo de Galicia" e as eleccións republicanas. Teima. (29), 32.
Ver artigo
CONDE MURUAIS, P. (7/1977) O Corpiño : Clínica psiquiátrica do mundo rural. Teima. (31), 20-22.
Ver reportaxe
BARREIRO FERNáNDEZ, X. (7/1977) O galeguismo histórico (1840-1936). Teima. (32), 37-39.
Ver reportaxe
MéNDEZ FERRíN, X. (7/1977) O nacionalismo cara ó futuro. Teima. (32), 43-45.
Ver reportaxe