Salustiano Mato de la Iglesia

----

Salustiano Mato de la Iglesia

1960 Santiago de Compostela, España
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Salustiano Mato de la Iglesia

1960- Santiago de Compostela, España
É doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1986). Desde o ano 2000 é catedrático de Zooloxía do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, institución da que foi vicerreitor de Investigación entre maio de 1998 e agosto de 2005.

No ano 1987 foi investigador posdoutoral nas universidades estadounidenses de Rutgers e Cornell, onde participou no desenvolvemento dos sistemas de compostaxe. Ao seu regreso, iniciou unha liña de investigación baseada no deseño de sistemas de compostaxe nos que primase un correcto desenvolvemento do proceso biolóxico fronte a criterios unicamente tecnolóxicos. Traballo do que xurdiron publicacións científicas e técnicas e dúas patentes de invención.

De 2005 a 2009 foi director xeral de I+D+i na Xunta de Galicia e desde 2010 é reitor da Universidade de Vigo. Na actualidade exerce como presidente da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste de Europa (CRUSOE) así como da rede nacional de campus de excelencia mariños, CEI.MarNet, conformada por Campus do Mar, Campus Mare Nostrum, Campus de Excelencia Internacional del Mar e Campus Atlántico Tricontinental.