Biografía de Henrique Monteagudo
1959- Esteiro, Muros, A CoruñaProfesor titular de Filoloxías galega e portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, e mais investigador do Instituto da Lingua Galega e do Centro de Lingüística Geral e Aplicada (CELGA) da Universidade de Coimbra. Membro do Consello da Cultura Galega, onde coordina a Sección de lingua, literatura e comunicación e dirixe o CDSG, é tamén académico numerario da Real Academia Galega. Tamén é codirector da revista Grial, membro do consello de redacción de Estudos de Lingüística Galega, do consello científico da revista Treballs de Sociolingüística Catalana e do Conselho editorial da Editorial Parábola de São Paulo.
É autor, coautor ou director de numerosos traballos sobre filoloxía, lingüística, sociolingüística e historia social da lingua galega. Salientan o volume Estudios de sociolingüística galega (1995), a monografía Historia Social da Lingua Galega (1999) e os informes A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) (2006), O idioma galego na sociedade. A evolución sociolingüística 1992-2008 (2001) e A(s) lingua(s) a debate. Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega (2011). Codirixiu o Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia (1980-2000). É editor dos volumes Norma lingüística e variación (2005) e Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade (2009). Autor da colectánea As razóns do galego. Apelo á cidadanía (2009).
Leu o seu discurso de ingreso na RAG baixo o título Facer país co idioma. Sentido da Normalización Lingüística.
Publicacións nas que participou Henrique Monteagudo
LIBRO
Calen barbas, falen cartas
A escrita en galego na Idade Moderna
LIBRO. ACTAS
Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada
Febreiro - Xuño 2013
LIBRO
Contacto de linguas, hibrididade, cambio
Contextos, procesos e consecuencias
LIBRO. ACTAS
Linguas, sociedade e política
Un debate multidisciplinar
INFORME
O idioma galego na sociedade
A evolución sociolingüística 1992-2008
INFORME
A(s) lingua(s) a debate (Edición revisada e ampliada)
Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega
INFORME
A(s) lingua(s) a debate
Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega
LIBRO
Cantigas de Santa María: Códice de Toledo (To)
Transcrición
LIBRO
Cartas de poeta
De Uxío Novoneyra a Ramón piñeiro (1953-1972). Transcrición e notas
LIBRO. ACTAS
Sociedades plurilingües
Da identidade á diversidade
LIBRO
De historia natural y todo género de erudición. Volumen II
Obra de 660 pliegos
LIBRO
De historia natural y todo género de erudición. Volumen III
Obra de 660 pliegos
LIBRO
De historia natural y todo género de erudición. Volumen IV
Obra de 660 pliegos
LIBRO. CATáLOGO
Galicia 25: Unha cultura para un novo século
Consello da Cultura Galega 1983-2008
LIBRO. CATáLOGO
Galicia 25: unha cultura para un novo século
Consello da Cultura Galega 1983-2008
LIBRO
Papés d’emprenta condenada (v. I)
A escrita galega entre 1797 e 1846
LIBRO
Na nosa lyngoage galega
A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media
LIBRO. ACTAS
Norma lingüística e variación
Unha perspectiva desde o idioma galego
INFORME
A sociedade galega e o idioma
evolución sociolingüística de Galicia (1992- 2003)
LIBRO. ACTAS
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”
Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001
LIBRO. ACTAS
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo” (V.1)
Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001
LIBRO. ACTAS
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo” (V.2)
Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001
LIBRO. ACTAS
A lingua galega, historia e actualidade (v. I)
Actas do I Congreso Internacional celebrado do 16 ó 20 de setembro de 1996 en Santiago de Compostela
LIBRO. ACTAS
A lingua galega: historia e actualidade (v. II)
Actas do I Congreso Internacional celebrado do 16 ó 20 de setembro de 1996 en Santiago de Compostela
LIBRO-AUDIO
Carlos Casares
A semente aquecida da palabra
LIBRO. ACTAS
A estandarización do léxico
Actas do simposio Léxico e estandarización (2002. Santiago de Compostela)
LIBRO
O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000)
v. 3: Elaboración e difusión da lingua
LIBRO. ACTAS
Actas dos IV Encontros pola Normalización Lingüística
(9 e 10 de novembro de 2000)
INFORME
O Proceso de normalización do idioma galego (1980-2000)
v. 2: Educación
INFORME
O proceso de normalización lingüística do idioma galego (1980-2000)
v. 1: Política lingüística : análise e perspectivas
LIBRO. ACTAS
Actas dos III Encontros para a Normalización Lingüística
28 e 29 de outubro de 1999
LIBRO. ACTAS