Histórico: Participación de Cristina Basili nas actividades do CCG

----

Cristina Basili

Biografía de Cristina Basili


Investigadora Juan de la Cierva, formación no Departamento de Filosofía e Sociedade da Universidad Complutense de Madrid. Con anterioridade foi investigadora posdoutoral do DAAD na Universidade de Bonn e profesora asociada na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. Conseguiu o título de doutora en Humanidades pola Universidad Carlos III de Madrid (Mención Doutorado Internacional e Premio de Excelencia 2016). Realizou estadías de investigación no CNRS de París e na New School for Social Research de Nova York.
A súa área de especialización é a historia do pensamento político, con especial atención á filosofía moderna e contemporánea, a recepción do pensamento antigo e os estudos de xénero. Publicou varios artigos e ensaios sobre autores contemporáneos: María Zambrano, Simone Weil, Hannah Arendt, Walter Benjamin, Gustav Landauer e Leo Strauss. Na actualidade traballa nunha monografía sobre crítica da modernidade e platonismo na obra de Leo Strauss.

Cristina Basili relator/a...

Hannah Arendt