Histórico: Participación de Antonio Campillo nas actividades do CCG

----

Antonio Campillo

Biografía de Antonio Campillo


Filósofo, sociólogo e escritor. Desde 1997 é catedrático de Filosofía da Universidad de Murcia. Foi decano da súa facultade, o primeiro presidente da Red Española de Filosofía, coordinador da comisión promotora da Red Iberoamericana de Filosofía, director de Daimon. Revista Internacional de Filosofía e tamén presidente da Sociedad de Filosofía da Rexión de Murcia e do Foro Ciudadano da Rexión de Murcia.
Foi investigador visitante no Centro Michel Foucault de París e no Instituto de Filosofía do CSIC. Participou nunha ducia de proxectos de investigación nacionais e internacionais, entre eles dous que están agora en curso: Filosofía política de la ciudad e Fronteras, democracia y justicia global. Dirixiu once teses de doutoramento, cinco con mención internacional, e actualmente dirixe outras tres. Organizou e participou como relator convidado en numerosos congresos nacionais e internacionais. É asesor de varias coleccións editoriais e revistas de filosofía e ciencias sociais.
Publicou unha quincena de libros e uns noventa artigos en volumes colectivos e revistas especializadas. Traduciu e editou a Foucault e a Bataille. Publicou tamén algúns relatos e unha colección de apuntamentos de pensamento. Coordinou varias obras colectivas, entre elas os tres primeiros informes editados polo Foro Ciudadano da Rexión de Murcia, co título El otro estado de la Región. O seu primeiro libro, Adiós al progreso. Una meditación sobre la historia, foi finalista do Premio Anagrama de Ensaio 1985. Os seus catro últimos libros son: Tierra de nadie. Cómo pensar (en) la sociedad global (2015), Mundo, nosotros, yo. Ensayos cosmopoliéticos (2018), Un lugar en el mundo. La justicia espacial y el derecho a la ciudad (2019) e El concepto de amor en Arendt (2019).
A súa web persoal: https://webs.um.es/campillo

Antonio Campillo relator/a...

Hannah Arendt