Fernando Broncano

----

Fernando Broncano


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Fernando Broncano


Doutor en Filosofía pola Universidad de Salamanca e catedrático de Filosofía da Ciencia na Universidad Carlos III de Madrid.

O seu campo xeral de traballo é a noción de racionalidade tanto nos seus aspectos teóricos, epistémicos, como prácticos. Desde aquí derivou a problemas máis xerais de filosofía da mente (racionalidade limitada, racionalidade colectiva, racionalidade e emocións). En canto á racionalidade práctica orientouse cara á filosofía da técnica: habilidades, plans, capacidade de deseño colectivo, etc. Nos últimos anos, interesouse pola teoría da cultura. Mantén unha actitude militante contra a división da cultura en cultura científica e humanística. Considera que a experiencia establece a escala de toda actividade humana.

Entre os seus libros están: Mundos artificiales (2000, Paidos); Saber en condiciones (2003, Antonio Machado); Entre ingenieros y ciudadanos (2006, Montesinos); La melancolía del ciborg (2009, Herder); La estrategia del simbionte (2012, Delirio Editorial); Sujetos en la niebla (2013, Herder); Russell, conocimiento y felicidad (Filosofía El País, 2015); Agencia, racionalidad y opacidad. Sujetos vulnerables en tierras libres (2017, EUDEBA); Cultura es nombre de derrota. Cultura y poder en los espacios intermedios (2018, Editorial Delirio); Puntos Ciegos. Conocimiento privado e ignorancia pública (2019, Lengua de Trapo); Cultura material y espacios de intimidad (2019, Cátedra).