Javier Suárez Quirós

----

Javier Suárez Quirós


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Javier Suárez Quirós


Doutor enxeñeiro industrial e profesor titular na Escola Politécnica de Enxeñería (EPI) da Universidad de Oviedo, onde coordina o Laboratorio de Son (http://arcadeviento.com). Ten máis dun centenar de publicacións en revistas científicas e congresos internacionais, así como unha trintena de proxectos de transferencia tecnolóxica como investigador principal.
Máster Oficial en Música, Comunicación e Institucións na España Contemporánea pola Universidad de Oviedo, realizou estudos de Historia e Ciencias da Música na Universidad de La Rioja e de piano e órgano nos conservatorios de Oviedo e Xixón. Fundador e director do grupo de música antiga “Madera Noble” (1984-1995), especializado no repertorio dos séculos XVI ao XVIII. Desde 2014 é membro do grupo “Mapa Sonoru” (Xixón) e participou en 2015 na instalación sonora “Viaje de Ida y Vuelta” deste grupo na LABoral Centro de Arte e Creación Industrial (Xixón).
Coordinador de varios proxectos relacionados co estudo do confort nas paisaxes sonoras urbanas e o deseño de novas metodoloxías para a súa análise, é codirector da Aula de Paisaxe Sonora da Universidad de Oviedo. Durante 2016 participou no proxecto “Rosas y Espinas”, financiado pola Obra Social La Caixa e coordinado pola LABoral, sobre a conciencia aural no ámbito da diversidade funcional. É director desde o verán de 2015 de LOrk@EPI, a orquestra de portátiles da Universidad de Oviedo, con sede na Escola Politécnica de Enxeñaría de Xixón, e imparte con regularidade formación sobre técnicas de Live Coding a distintos ciclos formativos.
Desde marzo de 2018 presenta a sección “Paisaje Sonoro” no programa de radio La Buena Tarde da Radio Televisión del Principado de Asturias. Coordinador da acción de difusión “#EscuchandoGijón” en colaboración co Obradoiro de Músicos da Fundación Municipal de Cultura de Xixón. Na actualidade é o director do título experto en Sonificación de datos, produtos e procesos (http://sonificacion.es) da Universidad de Oviedo.

Javier Suárez Quirós nas actividades do CCG