Isabel Peñalosa

----

Isabel Peñalosa


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Isabel Peñalosa


Doutora e licenciada en Dereito. Na actualidade é directora de relacións institucionais e asesoría xurídica, así como vicesecretaria, da Asociación Española de Fundaciones, entidade á que leva vinculada profesionalmente desde o ano 2001. Preside o comité legal de DAFNE (Donors and Foundations Networks in Europe). É relatora habitual en cursos e seminarios sobre mecenado, fundacións e entidades do terceiro sector, así como autora de numerosos artigos individuais e en colaboración sobre estas materias en distintas publicacións.
É membro do consello de redacción do Anuario de Derecho de Fundaciones, do consello asesor do International Center for Not-for-Profit Law, patroa da Fundación Derecho y Discapacidad e membro do comité da Fundación Pro Bono España.

Isabel Peñalosa nas actividades do CCG

Cultura do mecenado