José Luis Pérez Pont

----

José Luis Pérez Pont


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de José Luis Pérez Pont


Director do Centre del Carme Cultura Contemporània de València e xerente do Consorci de Museus da Comunitat Valenciana. Licenciado en Dereito e doutor en Belas Artes.
Exerceu como crítico de arte, comisario independente e avogado. Cofundador e codirector de MAKMA. Revista de artes visuales y cultura contemporánea (2012-2016). De 2009 a 2015 presidiu a Associació Valenciana de Crítics d’Art (AVCA). Entre 2011 e 2013 foi presidente do Consello de Críticos e Comisarios de Artes Visuais de España.
En 2010 incorporouse como vogal ao Padroado Martínez Guerricabeitia da Fundació General da Universitat de València, até 2015. Entre 2011 e 2015 foi membro da Comisión Asesora do Departamento de Arte do Instituto Alicantino de Cultura Juan Gil-Albert da Deputación de Alacant.
Desenvolveu numerosos proxectos de edición e comisariado desde un enfoque de análise e prospección social, con institucións públicas e privadas. No ámbito da arte pública impulsou diferentes convocatorias de intervención no espazo público urbano.
Desde 2016 e como xerente do Consorci de Museus da Comunitat Valenciana e director do Centre del Carme Cultura Contemporània de València, impulsa un novo modelo de xestión baseado na transparencia nos procesos de acceso ás programacións de museos e centros de arte e con iso establece un amplo programa de convocatorias públicas co obxectivo de visibilizar e profesionalizar o traballo de creadoras e creadores co fin de apoiar a cultura do presente para construír a do futuro.

José Luis Pérez Pont nas actividades do CCG

Cultura do mecenado