Xabier Erkicia

----

Xabier Erkicia


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Xabier Erkicia


Investigador, produtor e artista sonoro. Traballa no ámbito da cultura da escoita, a modo de investigador independente, así como en colaboración con moitas institucións culturais, universidades, colectivos e artistas. Realiza composicións musicais, investigacións ao redor da paisaxe sonora, instalacións, obras radiofónicas e deseño sonoro para películas. É un dos responsables do evento ERTZ (1999-2018), foi coordinador do departamento de son do centro de creación contemporánea Arteleku (2002-2014) e comisariou varias exposicións e programas para varios museos, centros de arte e festivais a nivel nacional e internacional. A súa obra foi presentada en varios países de Europa, América, Asia e África.
É membro da asociación AUDIOLAB e fundador do mapa sonoro do País Vasco SOINUMAPA.NET, activo desde o ano 2005.
Actualmente é docente na Escola de Cine EQZE de Donostia-San Sebastián.
erkizia.audio-lab.org

Xabier Erkicia nas actividades do CCG