Mercedes Prieto

----

Mercedes Prieto


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Mercedes Prieto


Licenciada en Química pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1994 e en Danza pola Faculdade de Motricidade Humana no ano 2005. Doutorada en Ciencias da Educación no ano 2018.
Foi profesora de expresión dramática e corporal na ESE de Beja e imparte formacións intensivas para diversas institucións como o CEFORE (Centros de formación e recursos de profesores), JOBRA (Conservatório da Branca en Portugal) e ME (Ministério de Educação de Portugal), entre outras. Traballou como monitora artística no proxecto MUS-E (programa artístico europeo en escolas entre o 1999 e o 2015).
É fundadora e directora pedagóxica da Associação PédeXumbo, coa que desenvolve diferentes formacións no ámbito da danza tradicional e creativa. Tamén realiza traballos de coreógrafa e performer en diferentes proxectos desta asociación como o “Baile das Histórias”, inspirado nas obras da pintora Paula Rego, danzas tradicionais e contos infantís.
Monitoriza o baile do espectáculo da compañía Clara Andermatt “Fica no Singelo” (2013-2016) e en bandas de misiva folk: Monte Lunai, Pula-lhe o pé (1998-2010) e Pesdelán (2011-actualidade).
Monitora do NINANANAS, obradoiro de danza para embarazadas, bebés e pais. Animadora de bailes de proxectos como “Baile dos corpos extraordinários” e “Baile dos gordos” (2011-2014). Coreógrafa do espectáculo de danza “Olladas sobre a danza” para o Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela (2009).
Coautora de publicacións como o Zampadanzas, Na punta do pé e Entroidanzas.
Recentemente, creou xunto a Montserrat Rivera o proxecto Armadanzas, que é un obradoiro de animación que inclúe histórias e bailes para achegar as culturas galega e portuguesa.
Realiza conferencias, clases regulares e formacións para o profesorado no proxecto que ela mesma creou a partir dunha investigación de varios anos na que interrelaciona a danza e a matemática: MatDance.

Mercedes Prieto nas actividades do CCG