Luciano Gómez

----

Luciano Gómez


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Luciano Gómez


Natural de Fisterra (A Coruña), comeza a súa formación na danza clásica en Bruxelas (Bélxica), cos mestres Carmen Roche, Víctor Ullate (École de Dance), Dolores Laga (Conservatoire de la Monnai), José Parés e Jack Sussan (Mudra: director Maurice Bejart).
Despois da súa formación, trasládase aos Estados Unidos de América, onde baila de forma profesional durante 11 anos con diferentes compañías: Hartford Ballet (director Michael Uthoff), Dallas Ballet (director Flemming Flindt), Tulsa Ballet Theater (directores Roman Jasinsky, Mausceline Larkin), Indianapolis Ballet (director George Verdak) e Richmond Ballet (directora Barbara Rassel).
Como intérprete de danza clásica figuran pezas como Cascanoces, Giselle, Coppelia, O Lago dos Cisnes, A Sílfide, O Paso a Dous do Corsario, Raymonda, Romeo e Xulieta etc.
Baila tamén pezas neoclásicas de coreógrafos como George Balanchine, Arthur Mitchel, Roman Jasinsky e Michael Uthoff.
En danza contemporánea interpretou pezas dos coreógrafos Alvin Ailey, Polibulos, Victoria Marks e Mathew Nash, entre outros.
Colaborou co Pazo da Ópera da Coruña facendo a coreografía para distintas producións, como Turandot, Os contos de Goffman, A Traviata etc.
Actualmente dedícase á docencia e dirixe o Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña.

Luciano Gómez nas actividades do CCG