Quique Peón

----

Quique Peón

Biografía de Quique Peón


A Coruña, 1963. Veciño na actualidade do concello de Oza-Cesuras.
Coreógrafo, investigador, intérprete e docente no ámbito da música e o baile tradicional de Galicia.
A súa actividade profesional céntrase na investigación etnográfica e realizou un extenso labor de recollida de campo. Recuperou e restaurou centos de bailes, danzas, músicas, traxes, instrumentos e costumes. Gañou innumerables premios a nivel nacional e internacional. Dirixiu desde 1982 o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina da Coruña: Xornadas de Folclore Galego de Santiago de Compostela, Medalla de Ouro (1983, 84, 85, 87); Mellor bailarín de Galicia (1985 e 1988); Programa “Gente Joven” TVE, primeiro premio (1983, 84 e 85); e primeiro premio en Satoraljauhely (Hungría) (2005).
Espectáculos tradicionais: Costumes e saberes dun pobo, Unha viaxe por noutrora, Ribeirana, Atruto, Dengue, Camiño do Sul, Galicien Amerika Line, Patrimonio Inmaterial.
No 2008 crea a súa compañía profesional de danza galega Quique Peón Cía, na que desenvolve as súas inquietudes creativas e coreográficas.
Obtivo o 2º premio de coreografía no XXI Certame de Coreografía de Danza Española y Flamenco de Madrid (2012) e o Premio do Conservatorio Superior de Madrid María de Ávila (2012).
Entre as producións: Ovay (2008), Aléndacroa (2010), Seisdecatro (2011), Amizade (2012) e O Poder do Arcabuz (2016).
No eido folk coliderou o grupo de música Radio Cos, que ten dous traballos discográficos no mercado e foi grupo oficial do Womex 2018.

Quique Peón nas actividades do CCG