Jacobo Sutil

----

Jacobo Sutil


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Jacobo Sutil


É licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela na rama de Fontes de Financiamento, MBA da Escola de Negocios Caixanova e Máster en Dirección Financeira e Control de Xestión da CESMA Business School.
Desenvolveu a súa carreira profesional en diferentes postos de responsabilidade do ámbito empresarial privado, nos eidos da xestión orzamentaria, finanzas, negociación e desenvolvemento de novos produtos.
En marzo de 2013 foi nomeado director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), organismo da Xunta de Galicia encargado de distintos programas de promoción e difusión cultural, da política de fomento das empresas culturais a través das subvencións aos sectores escénico, musical e audiovisual, da potenciación da comunicación intercultural e da internacionalización da industria cultural galega.

Jacobo Sutil nas actividades do CCG