David Chipperfield

----

David Chipperfield


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de David Chipperfield


Estudou na Escola de Arte Kingston e na Architectural Association de Londres. Tras graduarse, traballou nos estudios de Douglas Stephen, Richard Rogers e Norman Foster. Fundou a oficina David Chipperfield Architects en 1985. Foi profesor na Staatliche Akademie der Bildenden Künste, Stuttgart, desde 1995 a 2001, e profesor convidado Norman R. Foster de Deseño Arquitectónico na Yale University en 2011. Impartiu clases e conferencias por todo o mundo, en escolas de arquitectura de Austria, Italia, Suíza, Reino Unido e Estados Unidos. En 2012 foi comisario da 13ª Exposición Internacional de Arquitectura da Bienal de Venecia. É membro honorífico do American Institute of Architects e do Bund Deustcher Architekten. Obtivo recentemente a Medalla de Ouro Heinrich Tessenow, o Premio das Artes da Fundación Wolf e o Premio DAI (Verband Deutscher Architekten und Ingenieurvereine) da Cultura da Construción. Foi nomeado comendador da Orde do Imperio Británico en 2004, deseñador real para a Industria en 2006 e membro da Royal Academy en 2008. En 2009 recibiu a Orde do Mérito da República Federal de Alemaña e en 2010 foi recoñecido Sir polos servizos prestados á arquitectura no Reino Unido e Alemaña. En 2011 recibiu a Medalla de Ouro á Arquitectura do RIBA e, en 2013, o Praemium Imperiale da Asociación de Arte de Xapón, ambos en recoñecemento á súa traxectoria profesional.
En 2016, no seo de David Chipperfield Architects London, impulsou un proxecto de investigación que pretende promover o desenvolvemento económico e protección dos valores naturais, patrimoniais e sociais da ría de Arousa. En 2017, froito da investigación realizada, constituíu a Fundación Rede de Innovación Arousa (RIA), da que é fundador e presidente e coa que establece un compromiso firme e a longo prazo. Desde entón e até a actualidade, a Fundación RIA desenvolve estudos e proxectos relativos ao medio natural e urbano das rías, organiza obradoiros e conferencias e establece colaboracións e alianzas estratéxicas con universidades, centros de investigación, administracións e outras organizacións.

David Chipperfield nas actividades do CCG

Cultura do mecenado