Biografía de Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo, Xunta de Galicia.
Naceu na Fonsagrada (Lugo) en 1965. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou en 1993 no corpo superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia. Diploma directivo da Xunta de Galicia.
Desenvolvemento de responsabilidades en distintos departamentos relacionados con proxectos vinculados tanto á área educativa e social como ás áreas económicas e para a planificación, así como á implementación de redes de transporte.
Foi xefe do Servizo de Xestión de Servizos Educativos Complementarios (1996-2002) na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; subdirector xeral de Familia (2002-2009) na Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude; xefe do Servizo de Xestión Económica; coordinador de Plans de Transporte Metropolitano (2009-2010) da Dirección Xeral de Mobilidade e subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desde outubro de 2010 até o 5 de outubro de 2018; responsable do desenvolvemento de programas nos eidos da innovación educativa, a educación dixital, o plurilingüismo, a atención á diversidade e a ordenación académica.