Suso Baleato

----

Suso Baleato

Biografía de Suso Baleato


Doutor en Ciencia Política e enxeñeiro Linux, é investigador asociado da Harvard University (EE. UU.) e profesor posdoutoral na Universidade de Santiago de Compostela. Especializado na aplicación de métodos computacionais para a investigación social, o seu traballo céntrase na causalidade política e socioeconómica da tecnoloxía dixital. Foi o primeiro politólogo español en publicar na prestixiosa revista Science. Contribúe á gobernanza global da transformación dixital asesorando a organismos internacionais como a OCDE, o G7 ou o G20, con énfase na privacidade e protección de datos, a intelixencia artificial e a seguridade dixital.