Histórico: Participación de Irene Aláez nas actividades do CCG

----

Irene Aláez

Biografía de Irene Aláez


Licenciada en Dereito. Diploma de Estudos Avanzados en Dereito da Cultura pola Universidad Carlos III de Madrid e formación específica de Xestión de Fundacións e Institucións Artísticas e Culturais.
Traballou en diferentes institucións de xestión privada como a Fundación Caixa Cataluña ou a Sociedade Estatal para a Acción Cultural Exterior (SEACEX); desde 2005 para o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, en concreto na Dirección Xeral de Relacións Culturais e Científicas, na coordinación da Unidade de Artes Visuais, encargada, entre outras cuestións, da promoción da cultura española no exterior, a través de eventos, exposicións itinerantes, bienais e festivais internacionais etc. Até decembro de 2010 exerceu de subdirectora do Absolut Lab, espazo dedicado á creatividade mediante as técnicas máis innovadoras da produción dixital. Desde 2011 compaxina o seu labor profesional en una más una coa investigación cultural e a docencia en diferentes mestrados e posgraos de xestión e cooperación cultural. É asesora da Fundación Daniel & Nina Carasso.

Irene Aláez relator/a...

Cultura do mecenado