Histórico: Participación de Daniel Innerarity nas actividades do CCG

----

Daniel Innerarity

Biografía de Daniel Innerarity


É catedrático de Filosofía Política, investigador "Ikerbasque" na Universidade do País Vasco, director do seu Instituto de Gobernanza Democrática e profesor do Instituto Europeo de Florencia. Foi profesor convidado en diversas universidades europeas e americanas, como a Universidade da Sorbona (París I), a London School of Economics and Political Science e a Universidade de Georgetown. Doutor en Filosofía, ampliou os seus estudos en Alemaña (como bolseiro da Fundación Alexander von Humboldt), Suíza e Italia. Entre os seus últimos libros cómpre salientar La política en tiempos de indignación, La democracia en Europa, Política para perplejos e Una teoría de la democracia compleja. Polos seus libros recibiu o Premio da Sociedad Alpina de Filosofía ao mellor libro de filosofía en lingua francesa, o Premio de Ensayo Miguel de Unamuno, o Premio Nacional de Literatura na modalidade de ensaio, o Premio Espasa de Ensayo e o Premio Euskadi de Ensayo. A maior parte dos seus libros foron traducidos en Francia, Inglaterra, Portugal, Alemaña, Estados Unidos, Italia, Finlandia e Canadá.
Polo conxunto da súa obra recibiu o Premio de Humanidades, Cultura, Artes y Ciencias Sociales de Eusko Ikaskuntza-Caja Laboral, o Premio Príncipe de Viana de la Cultura e o Premio Internacional Eulalio Ferrer.
É colaborador habitual de opinión en El País, El Correo / Diario Vasco e La Vanguardia.