Íñigo Sánchez Fuarros

----

Íñigo Sánchez Fuarros

Biografía de Íñigo Sánchez Fuarros


Doutor en Antropoloxía pola Universitat de Barcelona. Na actualidade traballa como investigador contratado na Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, onde dirixe o proxecto de investigación Sounds of Tourism, financiado pola Fundação para a Ciência e a Tecnologia (PTDC/ART-PER/32417/2017). Anteriormente traballou como investigador na Queen’s University Belfast (2017), no ámbito dun proxecto de investigación sobre son e conflito nun barrio da periferia de Maputo (Mozambique). Foi bolseiro posdoutoral entre 2011 e 2017 no Instituto de Etnomusicologia – Centro de Estudos em Música e Dança (INET-md) da Universidade Nova de Lisboa e ademais bolseiro FPU no Departamento de Arqueoloxía e Antropoloxía da Institució Milá i Fontanals (CSIC) entre os anos 2003 e 2008.
É autor da monografía Cubaneando en Barcelona. Música, migración y experiencia urbana (CSIC, 2012). Os resultados das súas investigacións foron publicados en diferentes revistas académicas (TRANS-Revista Transcultural de Música, Western Folklore, City & Community, Revista d'Etnologia de Catalunya, MUSICultures etc.) e noutro tipo de publicacións, entre as que destacan os volumes colectivos Fiesta y ciudad: pluriculturalidad e integración (CSIC, 2008), Made in Spain. Studies in Popular Music (Routledge, 2013), Musical Performance and the Changing City (Routledge, 2013), Towards an Anthropology of Ambient Sound (Routledge, 2017) ou Exploring Nightlife: Space, Society and Governance (Rowman & Littlefield, 2018), entre outros.
www.inigosanchez.com

Íñigo Sánchez Fuarros nas actividades do CCG