Histórico: Participación de Rosa Moreiras nas actividades do CCG

----

Rosa Moreiras

Biografía de Rosa Moreiras


Licenciada en Filoloxía Hispánica, sección Galego-Portugués, pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster Universitario en Política Lingüística e Planificación da Lingua Galega (2009).
Colaborou como bolseira na sección de informativos da CRTVG e como tradutora e lingüista nas editoriais Hércules Edicións e Everest Galicia. Impartiu cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega a diferentes colectivos e traballou de asesora lingüista na serie de televisión Rías Baixas, da produtora Zenit Multimedia.
Desde abril de 2004 traballa como técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ames.
É secretaria da CTNL desde marzo de 2010.

Materiais de Rosa Moreiras

DOCUMENTO

Relatorio: Calidade en galego, no Concello de Ames

Resumo do relatorio de Rosa Moreiras, do SNL do Concello de Ames.