Biografía de Serafín Pazos Vidal
1977- RedondelaResponsable de Política Europea da Convención de Autoridades Locais Escocesas (COSLA) e investigador. Doutor e Máster en Unión Europea (UPV, UNED), Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola USC e Diplomado en Xestión Financeira Pública (SOAS). Ten sido analista de políticas europeas en varias comunidades autónomas e autoridades rexionais británicas, con 17 anos de experiencia profesional en Bruxelas. Membro e anterior Secretario da asociación Couto Mixto Bruxelas. Columnista mensual en Galicia Confidencial e colaborador habitual de Luzes, La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Agenda Pública de El País. Durante dez anos foi coordinador do Grupo de Expertos en Cohesión Territorial do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CMRE) e é membro do Grupo de expertos en subsidiariedade do Comité das Rexións da UE. Como investigador é membro da AECPA e da Asociación de Estudos Rexionais, sendo membro do Grupo de Investigación de Políticas Urbanas da Universidade Pablo Olavide e da Rede de Investigadores de Política de Cohesión.
Ten publicado numerosos artigos e traballos colectivos sobre Política rexional, gobernanza multinivel e procesos de descentralización comparativa ou xestión pública así como sobre a presencia de Galicia no exterior. Ten sido redactor técnico para informes do parlamento europeo, británico e escocés, o Comité das Rexións e o Consello de Europa. A súa tese de doutoramento Subsidiaritiedade e Gobernanza mulitinivel. Actores, Redes e Axendas foi Premio Extraordinario de Doutoramento en 2018 publicada posteriormente por Routledge.