Histórico: Participación de Chantal Mouffe nas actividades do CCG

----

Chantal Mouffe

Biografía de Chantal Mouffe


É unha das pensadoras máis influíntes no eido da filosofía política actual. Compiladora de obras como Gramsci and Marxist Theory, Dimensions of Radical Democracy, Deconstruction and Pragmatism, ou The Challenge of Carl Schmitt; é tamén coautora (con Ernesto Laclau) de Hegemony and Socialist Strategy: Towards a Radical Democratic Politics (1985). Asemade, ten publicadas The Return of the Political (1993), The Democratic Paradox (2000) ou On the Political (2005), ademais de numerosos artigos sobre pensamento político (Carl Scmitt) e teoría política (Paixóns e política). Na actualidade, Mouffe está a elaborar unha aproximación non racionalista á teoría política, fundamentada na súa formulación do concepto de ‘democracia agónica’, e participa en diferentes proxectos de investigación sobre a emerxencia do populismo de dereitas en Europa e sobre o lugar de Europa na orde global multipolar.

Publicacións nas que participou Chantal Mouffe

Materiais de Chantal Mouffe

Chantal Mouffe relator/a...

O(S) SENTIDO(S) DA(S) CULTURA(S)

Chantal Mouffe

Democratic politics and agonistic pluralism