Biografía de Xaquín Núñez Sabarís
Doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e Professor Associado com agregação (Profesor Titular) do Departamento de Estudos Românicos, no Instituto de Letras e Ciências Humanas (ILCH) da Universidade do Minho. O seu ámbito de investigación céntrase na narrativa e teatro contemporáneos, con estudos sobre o modernismo hispánico e a obra de Ramón del Valle-Inclán, de quen publicou estudos monográficos e edicións da súa obra, e sobre as novas narrativas, especialmente sobre a minificción e as narrativas intermediais.
Cun traballo neste dominio, gañou, recentemente, o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, con Cartografías da narrativa galega contemporánea (2020), no que estuda as novas e transmediais narrativas da ficción galega.
É membro do Centro de Estudos Humanísticos da Universidade do Minho, e forma parte do grupo de investigación, “Intermedialidad(es) e identidad(es)” e co-director da Revista 2i: Estudos de Identidade e Intermedialidade (https://revistas.uminho.pt/index.php/2i). Integra tamén proxectos e equipos de traballo en universidades internacionais, sobre a representación da identidade, a minificción e a obra de Valle-Inclán.
Dedicou a súa investigación tamén ao ensino da literatura, en contextos multilingües, e impartiu diversos seminarios de formación de profesores. Formou parte do equipo de traballo que deseñou as probas e os protocolos de actuación e avaliación dos Celga. É un dos autores dos manuais, de metodoloxía comunicativa, Aula de Galego.
Publicacións nas que participou Xaquín Núñez Sabarís
LIBRO. ACTAS