Àngels Guerrero Nàjar

----

Àngels Guerrero Nàjar


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Àngels Guerrero Nàjar


Actualmente é a xefa do Servizo de Recursos Lingüísticos da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya ( DGPL). Esta unidade ten como funcións, entre outras, a xestión da diversidade lingüística; a elaboración de recursos ou o fomento de iniciativas para facilitar a aprendizaxe da lingua catalá entre a poboación adulta –especialmente no que se refire á acollida e a capacitación lingüísticas das persoas inmigradas–; o establecemento do marco metodolóxico de referencia, plans e programas para a aprendizaxe de catalán das persoas adultas, ou o impulso de instrumentos para facilitar a comunicación de calidade en catalán.
Foi tamén responsable da área de Fomento do Uso Interpersoal da DGPL, unidade na cal desenvolveu tarefas e proxectos encamiñados a estimular e reforzar actitudes favorables ao uso da lingua catalá.
Estivo vinculada á Escola de Administración Pública de Catalunya como
docente e xefa do Servizo de Formación Descentralizada e non Presencial, con funcións como a planificación e xestión de proxectos formativos dirixidos ás administracións de Catalunya, principalmente no que se refire a formación non presencial e aplicación de formatos innovadores.
Foi tamén profesora de adultos do Consorcio para a Normalización
Lingüística, do cal agora é membro de diversos consellos de centros de normalización lingüística do territorio.