Miren Biotza Piko Gabantxo

----

Miren Biotza Piko Gabantxo


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Miren Biotza Piko Gabantxo


Actualmente asesora de Educación Primaria no Berritzegune de Vitoria-
Gasteiz, á vez que coordinadora do Programa piloto Eusle, impulsado polo Departamento de Educación do Goberno Vasco para dar resposta ao
alumnado recentemente incorporado dentro do marco da Escola Inclusiva.
Colaboradora no Berritzegune Nagusia, no Servizo de Linguas, na formación das asesoras e asesores dos Berritzegunes zonais da Comunidade do País Vasco e do profesorado de Reforzo Lingüístico dentro do programa de ensino e aprendizaxe do euskara no alumnado de recente incorporación.
Anteriormente, técnica de Normalización Lingüística e Eúscaro no Centro de Apoio ao profesorado de Alava, denominado COP- PAT.
Formadora externa, no Centro de Recursos para o Ensino do Eúscaro de
Navarra ( Eibz) e nos Servizos de Apoio de Navarra na implantación do
modelo en euskara: CURRICULUM E METODOLOXÍA.
Publicacións:
- Piko Biotza (2020) “ Eskola inklusiboa: atzerritar jatorriko ikasleak: EUSLE EKIMENA eskolako komunikazio- hizkuntzaren eskuratze- prozesua bizkortzeko eta hobetzeko proiektua”. HERMES núm. 65, páx.44-51
- Editorial Anaya- Haritza:
Implantación modelo inmersión: Inguruaren ezaguera, Matematika e Euskara para Educación Primaria 1º e 2º.
Colección Ireki Atea , Euskara, Educación Primaria, de 1º a 6º.
Colección Kolorexko Xingola, Euskara, Educación Primaria, de 1º a 6º.
Colección Hazi eta Hezi, Euskara, Educación Primaria, de 1º a 6º.
Colección Argi Dago, Irakurgaiak (Lecturas), Educación Primaria, de 1º a 6º.