Concha Diéguez

----

Concha Diéguez


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Concha Diéguez


É licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de
Compostela.
Desde hai 15 anos traballa en Reverso, onde planifica e executa as accións formativas para entidades públicas e privadas.
É experta na formación para desenvolver e mellorar as habilidades comunicativas orais e escritas. Nelas, implementa o learning by doing
(aprender facendo) para favorecer a aprendizaxe continua ao longo do curso.
Desde hai máis de 15 anos imparte estes contidos nas tres universidades galegas nos plans de formación continua do PAS e do PDI (linguaxe administrativa, elaboración do discurso oral, reciclaxe en lingua galega) e na formación de contidos transversais para alumnado (redacción de traballos de investigación, oratoria para a presentación de traballos académicos e de investigación). Tamén participa nos plans de formación continua da Fegamp, da EGAP, das deputacións e das entidades locais, entre outras.
No ano 2005 desenvolveu e impartiu a primeira edición dos cursos de lingua e cultura galega para migrantes, no Concello de Santiago de Compostela.
Desde aquela executa esta formación en entidades coma o Concello da
Coruña, Vigo, As Pontes, Carballo, Moaña e na Universidade de Santiago de Compostela, entre outras.
É docente do módulo de comunicación en varios programas de emprendemento empresarial desde o ano 2014 en entidades como Vives Emprende de Acción Contra el Hambre, VGA Vilagarcía Emprende, Proxecto Verea ou o Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.