Clara Gayo

----

Clara Gayo

1971 Vigo (Pontevedra)
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Clara Gayo

1971- Vigo (Pontevedra)
(Vigo, 1971) é actriz e dramaturga. En 2009 foi seleccionada para participar nos IV Encontros en Magalia de Creación Contemporánea co seu texto “Agorafobia: parálise sobre o medo” que autoeditou con RedeNasa na colección “Ultratextos”. No 2010, Estaleiro Editora publica Movidas e Razóns de peso. No mesmo ano escribe A mirada de Pier para Nut Teatro. No 2014 a Revista Galega de Teatro publica Prohibido sufrir e no 2019 a mesma revista edita Micropezas, entre a que se atopa Screenplay, desta autora. No 2015 gana o Premio do Xurado da IX Edición do Premio de Teatro Radiofónico do programa Diario Cultural da Radio Galega, con Evasión e no ano 2017 é finalista con Proxecto Tempo. No 2017 foi seleccionada para participar na 42ª edición da Feira Internacional do Libro, Bos Aires. Participou no II Torneo de Dramaturxia Galega coa peza Con fabulación, que no 2020 foi editada por Edicións Positivas, xunto co resto de participantes da edición.
Participou no II Torneo de Dramaturxia (2018) con As boas actrices peza que en xullo de 2020 estreou na Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas xunto con Mónica Camaño e Arantza Villar. Desde hai 12 anos, é directora da compañía de teatro amador FarandOleiras Cabaré para a que escribiu numerosos espectáculos. Integra desde 2017, xunto con Carlos Santiago e Zé Paredes, o colectivo G.O.D Flavia Antonia (Grupo Oportunista de Drama). Froito deste experimento de escrita a tres mans xurdiron Acto de hixiene (2017), Poetas Suicidas (2018) e Á Mesa! (2019).

Publicacións nas que participou Clara Gayo

Portada de  Dramaturxias Itinerantes [ed. 2020]
LIBRO

Dramaturxias Itinerantes [ed. 2020]

= Dramaturgias Itinerantes