Carlos Nárdiz Ortiz

----

Carlos Nárdiz Ortiz


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Carlos Nárdiz Ortiz


Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos en 1977 pola Universidade Politécnica de Madrid e doutor enxeñeiro de Camiños, C. e P. en 1991 pola mesma universidade.


Profesor de Urbanismo e Ordenación do Territorio na Escola de Arquitectura da Coruña entre 1985 e 1997 e de Transporte e Territorio, Paisaxe na Enxeñaría e Ordenación do Territorio e Urbanismo na Escola de Enxeñeiros de Camiños da Coruña desde 1993. Profesor titular de Urbanística e Ordenación do Territorio da Universidade da Coruña desde 1994.


Director da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais da Deputación da Coruña desde o ano 2004. Coordinador do Plan Estratéxico da Provincia da Coruña, 2007-2013.


Proxectista de obras de urbanización (paseos, travesías, prazas, servizos urbanos…), pontes, estradas, rehabilitación de obras de enxeñaría histórica, plans de urbanismo etc.


Autor de libros como Pontes Históricos de Galicia (1989), El Territorio y los Caminos en Galicia. Planos Históricos de la Red Viaria (1992), El ferrocarril en el Noroeste de España (1996), El Puerto y la ciudad de A Coruña (1998), El Abastecimiento de agua a La Coruña. El papel del servicio de aguas en la construcción de la ciudad (2001), La construcción de los bordes de las carreteras en Galicia. El proyecto y la ordenación de las villas carretera en la provincia de A Coruña (2008), Urbanismo y Ordenación del Territorio en la formación de los Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos (2015), Introducción al Urbanismo. La construcción de la ciudad y el territorio (2016), Entre la Arquitectura y la Ingeniería 6 + 6 (2017) e de numerosos artigos en revistas.


Vogal asesor do CEHOPU, dependente do Ministerio de Fomento (desde 2009), e da Asociación de Enxeñeiros de Camiños, C. e P. (1999 a 2007). Decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, C. e P. de Galicia (2006 e 2014). Medalla ao Mérito Profesional do Colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia (2014). Medalla de Honra do Colexio Nacional de Enxeñeiros de Camiños (2015).


Membro da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello de Cultura Galega e do Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide (desde 2017).

Publicacións nas que participou Carlos Nárdiz Ortiz

Portada de A posta en valor do patrimonio cultural dos ríos
LIBRO. ACTAS

A posta en valor do patrimonio cultural dos ríos

: Galicia e outros exemplos