Tamara Andrés

----

Tamara Andrés

1992 Combarro (Pontevedra)

Biografía de Tamara Andrés

1992- Combarro (Pontevedra)
Tamara Andrés (Combarro, 1992) graduouse na Universidade de Vigo en Tradución e Interpretación e logo cursou o Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura da USC e o Máster para o Profesorado da Universidade de Vigo. Traballa como docente e tradutora literaria mentres se forma como investigadora no programa de Doutoramento en Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo. É a responsable da sección de literatura do Diario Cultural Zeta da Radio Galega, desenvolve accións poéticas para distintos espazos e imparte obradoiros de poesía e escritura creativa.
Como autora, no ano 2015 deu ao prelo Amentalista, unha homenaxe ao pintor René Magritte, e gañou o Premio de Poesía O Facho con Nenæspiraes. No 2017 apareceu Corpo de Antiochia (Galaxia), autotraducido ao castelán, e no 2019 publicou os poemarios Bosque vermello (Edicións Positivas) e Irmá paxaro (Cuarto de Inverno), finalista do I Premio María Victoria Moreno e gañador do Premio ao Mellor Libro Ilustrado na Gala do Libro Galego 2020. Creou, xunto a Marcos Viso, o proxecto 'Cartas ás 12', que deu como froitos o sobre viaxeiro Bicos, laranxas e un feixe de pensamentos (2019) e o álbum ilustrado Distancias (Galaxia, 2020). Textos seus foron premiados en diversos certames e publicados en obras colectivas, como nas revistas "Dorna" e "sèrieAlfa" ou nas antoloxías No seu despregar (2015, Apiario) ou Anthology of Young Galician Poets (2019, Vakxikon).

Publicacións nas que participou Tamara Andrés

Portada de O equilibrio dos extremos
LIBRO

O equilibrio dos extremos

: Xela Arias en 12 voces

Unha achega da poeta, tradutora e investigadora Tamara Andrés ao libro O feitizo de Maruja Roca, que atende ao seu proceso de creación.

Huis Clos

Vente