Lois Alcayde Dans

----

Lois Alcayde Dans


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Lois Alcayde Dans


Nado na Coruña en 1997, é escritor e xornalista. En 2016 foi, con 19 anos, gañador do I Premio Balbino de Relatos pola obra Camiños na sombra. En poesía, foi gañador en 2018 do 2º premio da IV edición do Concurso Literario Mazarelos da USC polo conxunto poético Xente da crise e obtivo, en 2019, o XX Premio de Poesía Díaz Jácome para Novos Creadores co libro Anoar. En 2019 publicou na Editorial Galaxia o libro de relatos Os jeans de María. Participou, xunto con máis poetas, na antoloxía Poesía galega novísima, editada en 2020 por Urutau. En 2021 colaborou no libro de relatos O libro da música, de Galaxia.
Actualmente forma parte do gabinete de comunicación do BNG no Parlamento de Galicia.
Foi redactor para os servizos informativos da TVG e é membro da emisora comunitaria CUAC FM, da que foi coordinador de Comunicación. Escribe nas revistas O Salto e Luzes, na que é membro do seu comité de redacción. Colabora en Sermos Galiza, o suplemento dos sábados de Nós Diario. Coordinou ata 2020 a Sección de Xornalismo da revista Ligeia.
Ten publicada creación literaria nas revistas Grial e Dorna. Traballou para a Fundación Paideia Galiza na elaboración das conclusións do I Foro Internacional Carta de Santiago 2021. Cursou o grao en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, na que obtivo tamén o mestrado en Comunicación e Información Contemporánea. Actualmente cursa o doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea na mesma alma máter, na que é membro do grupo de investigación Novos Medios.
No audiovisual traballou como guionista para a Real Academia Galega no proxecto Conseguiremos, unha serie de cinco capítulos para a promoción do galego na mocidade estreados en 2020 e 2021. Estivo ao cargo do guión do documental Outra Coruña Posible: Domingos Merino, un traballo sobre o primeiro alcalde democrático da Coruña despois da ditadura franquista, estreado en 2018.

Publicacións nas que participou Lois Alcayde Dans

Portada de O equilibrio dos extremos
LIBRO

O equilibrio dos extremos

: Xela Arias en 12 voces

Lois Alcayde Dans nas actividades do CCG

Unha nova atea

s/t