Berta Dávila

----

Berta Dávila

Santiago de Compostela

Biografía de Berta Dávila

Santiago de Compostela
Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é narradora e poeta. É autora de libros de poemas como Corpo baleiro (Espiral Maior, 2007) ou Raíz da fenda (Xerais, 2013), Premio Johán Carballeira de poesía, Premio da Crítica española 2013, Premio da AELG 2013.

Como narradora iniciouse con Bailarei sobre a túa tumba (Premio Biblos de novela para menores de vinte e cinco anos, 2008), novela á que seguiu o libro de relatos A arte do fracaso (2010).

Recibiu o Premio de Narrativa Breve Repsol no 2013 pola novela O derradeiro libro de Emma Olsen (Galaxia, 2013), Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2013. Tamén foi nomeada pola AGE autora do ano no 2014. Esta última novela foi adaptada á banda deseñada por Pablo Prado, dando lugar a unha novela gráfica homónima, editada por Galaxia no 2020.

No ano 2019 recibiu o Premio Manuel García Barros por Carrusel (Galaxia 2019), Premio da Crítica española 2019, traducida ao castelán por Editorial Barrett no 2021. No 2020 recibiu o Premio Repsol de Narrativa Breve por Illa Decepción (Galaxia, 2020).

Publicacións nas que participou Berta Dávila

Portada de O equilibrio dos extremos
LIBRO

O equilibrio dos extremos

: Xela Arias en 12 voces

A froita

s/t