Oriana Méndez

----

Oriana Méndez

Biografía de Oriana Méndez


(Vigo, 1984) Licenciada en Filoloxía Galega e máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela, publicou os libros de poesía Derradeiras conversas co capitán Kraft (Galaxia, 2007), Cero (Galaxia, 2011), O que precede a caída é branco (XVII Premio de poesía do Concello de Carral; Espiral Maior, 2015) e INTERNA (XVIII Premio de Poesía Afundación; Centro PEN Galicia, Xunta de Galicia, Afundación, 2020). En 2019 gañou o V Premio de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón con O corazón pronúnciase extenso , que verá a luz proximamente en Espiral Maior.
Forma parte, entre outras, das antoloxías Anthology of Galician Literature (1981-2011) / Antoloxía da literatura galega (Xunta de Galicia, Xerais e Galaxia, 2012); Novas de poesía. 17 poetas (Fun-dación Novoneyra, 2015); 13. Antoloxía da poesía galega próxima (Chan da Pólvora e Papeles Mí-nimos, 2017); Poesía bajo sospecha. Españolas nacidas entre 1976 y 1993 (Animal sospechoso, 2020). Participou en numerosos festivais e encontros de poesía coma o III Encontro de Novos Es-critores, organizado por AELG; A revolta das letras, en Santiago de Compostela; Sin ánimo genera-cional: coordenadas poéticas de los nacidos en los 80, en Madrid; Festival Os Eidos, en Parada do Courel; XIV Festival Cosmopoética, en Córdoba ou o Festival de Poesía no Condado.
Exerceu a crítica literaria no suplemento Protexta da revista "Tempos Novos" e viu publicados algúns dos seus poemas, así como outras colaboracións en clave teórica, en revistas de ámbito nacional e internacional coma "Dorna", "Nayagua", "Waxwing Literary Journal", ou en proxectos que dialogan con outras artes coma "Tantas Imaxes. Cadernos de estudos visuais" ou o recente fanzine "Urda".
Traduciu O Amante , de Marguerite Duras (Kalandraka, 2020) e segue afondando no labor da tradución literaria dende o francés á lingua galega.

Publicacións nas que participou Oriana Méndez

Portada de O equilibrio dos extremos
LIBRO

O equilibrio dos extremos

: Xela Arias en 12 voces

(s/t)

s/t