Arancha Nogueira

----

Arancha Nogueira

Ourense
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Arancha Nogueira

Ourense
(Ourense, 1989) licenciouse en xornalismo, cursou un mestrado de literatura comparada e crítica cultural e outro de educación secundaria e traballou como investigadora e docente predoutoral na Universidade de Santiago Compostela.

A súa obra poética foi recoñecida con diversos premios ao longo dos últimos anos, como o Francisco Añón de Outes en 2013, o premio de poesía da Universidade de Vigo en 2016, o Mazarelos da Universidade de Santiago de Compostela en 2017 e 2018 ou, en 2019, o Johán Carballeira do concello de Bueu. Como poeta ten publicado Andar descalza, gañador do Francisco Añón en 2013, o único lugar onde ficar inmóbil coa editora Urutau, spleen en catro tempos con Toxosoutos, a comparsa e os ourizos con Leite Edicións, #hashtags para un espazo/confinamento agónico con Edicións Positivas e dente de leite, gañador do Johán Carballeira, con Xerais, en 2020. Recentemente estreouse tamén como narradora coa obra A mestra corremundos, dirixida ao público infantil e xuvenil, e publicada por Cuarto de inverno.

Tamén ten participado en diversas antoloxías e revistas literarias como "Ligeia" ou "Dorna" e festivais e encontros poéticos como o Poemagosto, Cultura que Une ou Fala o Mar.

Publicacións nas que participou Arancha Nogueira

Portada de O equilibrio dos extremos
LIBRO

O equilibrio dos extremos

: Xela Arias en 12 voces

espazo en branco

s/t