Ruth Ferrero-Turrión

----

Ruth Ferrero-Turrión


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Ruth Ferrero-Turrión


É profesora contratada doutora de Ciencia Política e Estudos Europeos na Universidad Complutense de Madrid (UCM) e investigadora asociada no Instituto Complutense de Estudios Internacionales (ICEI-UCM). Foi Premio de Investigación en Estudos Europeos da Fundación Academia Europea e Iberoamericana de Yuste en 2019.

Ten un doutoramento internacional en Ciencia Política e Relacións Internacionais pola UCM, un Master of Philosophy (MPhil) en Estudos de Europa do Leste pola UNED, unha licenciatura en Ciencias Políticas e Socioloxía pola UCM e pola Universidade de Newcastle upon Tyne, un posgrao en Ciencia Política e Dereito Constitucional no Centro de Estudios Políticos y Constitucionales e un Diploma de Especialización en Unión Europea outorgado pola Escuela Diplomática. É membro do Grupo de Estudios sobre las Migraciones Internacionales (GEMI) e do grupo de investigación Aplicación del Derecho Internacional, ambos da UCM.

Traballou como asesora de políticas públicas en distintos postos da Administración xeral do Estado para temas relacionados con políticas migratorias e Unión Europea, así como no Grupo de Conselleiros de Relacións Exteriores (RELEX) da Comisión Europea. Ocupou postos académicos na Universidad Pontificia Comillas, na Universidad Internacional de Andalucía e na UNED.

Así mesmo, foi Research Fellow na Universidade de Columbia (Nova York), no London School of Economics (LSE), na Universidade Babeș-Bolyai (Romanía), no Instituto Húngaro de Asuntos Exteriores, na Universidade de Leipzig (Alemaña) e na Open Society Foundation de Sofía, así como Non-Visegrad Fellow no Instituto de Relacións Internacionais de Praga. Foi tamén profesora convidada nas universidades de Coimbra, Bochum, Florencia e Varsovia.

As súas áreas de especialización son a política europea, con especial atención ao espazo postsoviético, e as políticas de inmigración e asilo. Colaborou en diversos proxectos relacionados co estado do dereito, as políticas de ampliación e a veciñanza oriental da UE, as minorías nacionais, as políticas de inmigración e o control de fronteiras, así como en múltiples congresos, workshops e seminarios nacionais e internacionais.

É analista en diversos medios de comunicación como El Periódico (https://www.elperiodico.com/es/autor/ruth-ferrero-turrion-76182), Público, El País, Radio Nacional de España (24 horas) e Cadena Ser (Hora 25), entre outros.

Ruth Ferrero-Turrión nas actividades do CCG