É doutora en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, catedrática de Filosofía Moral e Política na Facultade de Filosofía da USC, onde desenvolve as súas investigacións sobre teorías da xustiza social e política así como teoría crítica feminista, recollidas en publicacións, revistas especializadas e libros.
É coordinadora do Grupo de Investigación “Xustiza e Igualdade” e compoñente do Centro de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero (CIFEX) da USC. Tamén coordina a Comisión de Igualdade e forma parte do Plenario do CCG.