Carmen Pena

----

Carmen Pena


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Carmen Pena


Catedrática de Teoría e Historia da Arte da Universidad Complutense de Madrid. Xubilada na actualidade, exerceu a súa docencia na devandita universidade. Especialista en pintura da paisaxe e paisaxismo, publicou en 1982 o libro Pintura de paisaje e ideología. La generación del 98, reeditado en 1998.
En 1992 foi a comisaria da exposición Centro y periferia en la modernización de la pintura española (1876-1918), unha nova lectura da pintura rexionalista.
De raíces galegas, investigou a arte de Galicia e foi autora de varias publicacións, entre elas o libro A Arte, sobre a primeira historia da arte galega, publicado pola Editorial Galaxia en 1992. Así mesmo, escribiu varios artigos sobre Maruja Mallo e as primeiras vangardas galegas. No contexto da cultura visual, elaborou o texto «Paisajes del recuerdo y el olvido. Galicia», capítulo do libro La construcción social del paisaje, editado en 2007 por Biblioteca Nueva.
Entre os seus libros cóntase Territorios sentimentales. Arte e identidad, un ensaio de investigación sobre a invención do español na arte, publicado en 2012.
De 2016 a 2018 foi comisaria da exposición Sorolla, tierra adentro, que tivo carácter itinerante e percorreu sete sedes, a última o Museu Nacional de Arte Antiga de Lisboa, ademais de ser a autora do texto do catálogo desta exposición.
Exerceu a crítica de arte en diversos medios, onde destaca de 1987 a 1992 a súa colaboración en El Independiente, periódico de Madrid.

Publicacións nas que participou Carmen Pena

Portada de  Cultura, sentido e política
LIBRO

Cultura, sentido e política

O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) II