Carmen Calvo

----

Carmen Calvo


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Carmen Calvo


Titulada en Publicidade, estudou Belas Artes en Valencia. Académica da Real Academia de Belas Artes de San Carlos de Valencia. Obtivo numerosas bolsas e premios, entre outros, o Premio Nacional e o Premio Internacional Julio González.

Desde os anos oitenta, cando participou en New Images from Spain (1980) no Guggenheim Museum N.Y., a súa obra estivo presente nas máis relevantes mostras da arte española.

Ademais da súa dedicación á pintura, nun territorio que podemos cualificar de "híbrido" e moi singular na escena artística do noso país, destaca polos seus traballos na realización de intervencións, con carácter permanente, en edificios públicos.

Entre as súas últimas exposicións salientan: Galería Fernández Braso, Madrid (2018); Sala Alcalá 31, Madrid; Mauro Mauroner, contemporary Art Viena; PhotoEspaña Madrid; Kubo-Kutxa Donostia (2019); Carmen Calvo + Juan Luis Arsuaga, Cnio Arte, Madrid (2020); Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (2021); Galería Diehl, Berlín (2022).

Carmen Calvo nas actividades do CCG

O catálogo razoado